Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Presentación do programa.

Ponse en marcha o programa de envellecemento activo de Xermade

Versión para impresiónSend by email
Xermade, 18/12/17 (11:34)
  • Realizado en colaboración coa Deputación de Lugo para dinamizar o rural, desenvolve todo tipo de actividades ata xuño de 2018
 
O deputado de Deportes da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón, o alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, e a concelleira de Educación, Cultura, Mocidade e Igualdade, Tamara Paz Balsa presentaron o programa de envellecemento activo que o Goberno provincial leva a este municipio en colaboración co concello da devandita localidade ata xuño de 2018. 
 
O organismo provincial concedeu 8.000 euros ao concello de Xermade no último ano para promover o deporte entre os veciños da localidade a través de varias actividades como a 'Copa Concello de Xermade', a 'Carreira Popular' da vila, a 'Pedalada Solidaria', así como este proxecto de envellecemento activo. Rivera Capón subliñou que “a través desta programación preténdese mellorar a saúde e a calidade de vida dos veciños. O obxectivo é "potenciar o benestar físico e social, dando importancia á imaxe positiva do colectivo de maiores". Unha iniciativa que, lembrou, xorde da man das asociacións veciñais, "polo que damos resposta ás súas demandas".
 
O Deputado de Deportes apuntou que "Xermade é un pobo con vida, un pobo do rural con ganas de facer, de aprender e de mellorar, por iso debemos favorecer espazos e oportunidades para que a xente non necesite desprazarse a outros municipios para calquera actividade e, deste xeito, dinamizar a actividade social da vila, facendo pobo. Fomentando, ao mesmo tempo, un estilo de vida saudable". 
 
Pola o seu parte, García Pernas subliñou que "o número de persoas inscritas na actividade ascende a 46 nos grupos de Xermade, Momán e Piñeiro. Neste momento está a formarse grupo en Roupar, co cal esperamos que se poida comezar nas próximas datas e aumentaríase como mínimo en 10 persoas máis". O concello de Xermade ten previstas outra serie de actividades sociocomunitarias polas parroquias de todo o concello co obxectivo de dinamizar o rural e ofertar cursos e actividades dirixidos á poboación en xeral. 
 
Gran demanda
Como explica a educadora social do Concello de Xermade, Manuela Vilaboy, “tras consultar publicamente, fixemos unha selección dos cursos máis demandados, principalmente Pilates, que está moi solicitado”. Os talleres duran máis de seis meses, ata xuño. Ademais, subliña, “estamos a organizar outros de informática e redes sociais, costura, pandeireta, e proximamente comezaremos con dous cursos de xabóns e cremas” e por outra banda, de almorzos “saudables, manexo de móbiles, fotografía, bricolaxe, pequenos amaños, xardinería creativa, arranxos florais, restauración e manualidades, defensa persoal para mulleres, estimulación cognitiva e risoterapia”.
Tema: Xeral
Fonte: entremayores
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal