- Trátase dun anuncio interactivo no que o espectador decide o final da historia
A Fundación ONCE, co apoio do Fondo Social Europeo, lanzou #TúDecides, un vídeo interactivo que incide na importancia que ten a actitude persoal á hora de buscar traballo e que anima ás persoas novas con discapacidade que queren atopalo a acudir a Insere, a entidade para a formación e o emprego das persoas con discapacidade desta fundación.
O anuncio mostra como una mesma moza con discapacidade se enfronta de dúas maneiras distintas á procura de emprego e deixa en mans do espectador o final da historia.
Pon en valor tamén o traballo de Insere, a entidade dz Fundación ONCE para a formación e o emprego das persoas con discapacidade, e do seu portal de emprego Por Talento.
#TúDecides enmárcase na campaña de comunicación impulsada pola Fundación ONCE o pasado mes de xuño para conmemorar o 60 aniversario da firma dos Tratados de Roma, que deron lugar á Unión Europea e cos que se creou o Fondo Social Europeo.
Desde esta perspectiva, a campaña pretende poñer en valor o éxito da alianza entre a Fundación ONCE e o Fondo Social Europeo, que axudou a cambiar a vida das persoas con discapacidade.
Así e segundo os datos oficiais, entre o ano 2000 e o ano 2016 a Fundación ONCE atendeu a máis de 253.380 persoas con discapacidade e máis de 88.300 melloraron o seu perfil de empregabilidade mediante cursos de formación. Neste mesmo período, creáronse 70.117 empregos e deuse apoio a 401 proxectos de emprendemento.