Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cartel GDG DevFest Galicia 2017.

Os desenvolvedores galegos de Google xuntaranse en Pontevedra o 16 de decembro

Versión para impresiónSend by email
Pontevedra, 24/11/17 (09:46)

O vindeiro 16 de decembro a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Campus Universitario da Xunqueira (Pontevedra) acollerá entre as 9:00 e as 20:00 horas o GDG DevFest Galicia 2017, encontro dirixido a desenvolvedores que fan uso de tecnoloxías de Google e que mediante relatorios e obradoiros impartidos por expertos de referencia busca congregar a máis de 300 persoas, tendo os interesados en acudir simplemente que rexistrarse en Eventbrite, xa que este evento é totalmente de balde.

Programa de actividades

Polo momento están confirmados os seguintes relatorios:

  • Desenvolvemento móbil: Native vs. Web – Abdón Rodríguez (IBM Research) e Saúl Molinero (NYC) 
  • Supercarga da túa app con Firebase Cloud Functions – Paola García (Chefly)
  • Adeus ao Curriculum Vitae, ola Software Libre – Antón Rodríguez (Optare Solutions) 
  • Personal Branding para developers – Vanesa Gallego (Google Launchpad) 
  • Hot Dog or not con Machine Learning APIs e Firebase Cloud Functions – Carlos Azaustre (Chefly)

Os obradoiros que terán lugar no DevFest serán os seguintes:

  • Introdución a Angular – Ana Cidre 
  • Introdución a Git - Elo Coto (A Industriosa, VigoTech) 
  • Detección de obxectos con Machine Learning e Tensor Flow – David de la Iglesia (Gradiant) 
  • Implementar Google Analytics con Google Tag Manager – Eoghan Henn (searchVIU)
Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal