Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas

O Centro Demostrador TIC, acollerá o vindeiro 19 de xullo unha “Xornada demostradora de oportunidades na accesibilidade con Software Libre”

 

- Durante a xornada diversos poñentes amosarán ferramentas tecnolóxicas libres orientadas a romper barreiras no uso da tecnoloxía por parte de persoas con diversidade funcional e deste xeito contribuír a mellorar a súa calidade de vida.

 

- Profesionais do ámbito da educación e o apoio asistencial compartirán a súa experiencia no uso deste tipo de ferramentas.

 

Versión para impresiónSend by email
Centro Demostrador TIC de Galicia-Rúa Airas Nunes, s/n - Conxo 15702 - Santiago de Compostela, 11/07/12 (09:58)

A Sesión vai dirixida á profesionais de diversos ámbitos de actividade (educación, socio-asistencial, asociacións, fundacións...) que traballan con ou para persoas con diversidade funcional. A asistencia é de balde, condicionada ao aforo do local e previa inscrición en liña a través do portal web do Centro Demostrador TIC (http://cdtic.xunta.es/node/445)

Pode ampliar máis información sobre o Centro Demostrador TIC, as súas actividades e instalacións na páxina web do centro http://cdtic.xunta.es

A AMTEGA APOIANDO A TECNOLOXÍA SOCIAL RESPONSABLE

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Amtega, a través da Área de Sociedade Dixital, ten, como un dos seus obxectivos estratéxicos, o fomento e integración das tecnoloxías en todas as capas da poboación.

Por iso, dende a Amtega, queremos apostar firmemente pola definición de políticas públicas de apoio á " Tecnoloxía social, accesibilidade e usabilidade", mostrando claramente que é un negocio crecente e oportuno e que axuda a mellorar o benestar social.

Con esta premisa, dende a Amtega, póñense en marcha dous instrumentos enmarcados dentro da Axenda Dixital 2014.gal:

    - O Cendro Demostrador TIC de Galicia, CDTIC, dirixido ao sector empresarial galego

    - O Programa Voluntariado Dixital, VolDIX, que ten como misión fomentar a inclusión social a través do uso das novas tecnoloxías

Asímesmo, como plan transversal dentro das actuación postas en marcha dende a Amtega, lánzase o Plan de Acción en materia de Software Libre 2012,  que ten como obxectivos impulsar unha oferta de solucións baseadas en software libre de calidade, as cales poidan ser difundidas en caqueira ámbito e sector de actuación.

Tema: Xeral
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal