Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Presentación do programa.

A Deputación de Lugo e o Concello de Xermade introducen aos maiores en redes sociais, móbiles e fotografía dixital

Versión para impresiónSend by email
Xermade, 16/11/17 (11:32)

Deputación de Lugo informou hoxe do desenvolvemento de novas actividades de envellecemento activo no concello de Xermade, ou sexa, obradoiros e accións diversas para mellorar a saúde, a formación e a calidade de vida das persoas maiores do municipio. O programa foi dado a coñecer polo deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o alcalde de Xermade, Roberto García Pernas. As actividades que vai desenvolver a Deputación en colaboración co Concello son do máis variado: inclúen prácticas deportivas e de lecer (pilates) e obradoiros centrados en estimular a creatividade e a memoria dos maiores. Unha parte importante das accións estará centrada nas novas tecnoloxías da información. 

A idea é botar man dos móbiles e das redes sociais para favorecer a comunicación dos participantes (entre eles e coas súas familias), botar abaixo barreiras de exclusión e manter en boa forma as súa capacidades cognitivas e de memoria. 

No acto de presentación dos obradoiros, nos que tamén participou a concelleira de Educación e Cultura, Tamara Paz Balsa, lembrouse que a organización das actividades insírese no marco dos apoios da Deputación ao Concello, no último ano, para promover o deporte entre os veciños da localidade, apoios que tiveron unha contía de 8.000 euros. García Pernas, pola súa banda, explicou que o número de persoas inscritas nas actividades dadas a coñecer é de case medio centenar, repartidas nos grupos de Xermade, Momán e Piñeiro, ás que haberá que engadir os participantes do grupo de Roupar. Entre os obradoiros incluídos figuran actividades de iniciación á fotografía dixital, á informática e ás redes sociais e á utilización diaria de móbiles.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal