Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
A app Vídeo curriculo Plena Inclusión Madrid en funcionamento.

Lanzan unha app adaptada a persoas con discapacidade para elaborar videocurrículos

Versión para impresiónSend by email
Madrid, 14/11/17 (10:41)
  • Plena Inclusión Madrid e Indra elaboraron unha app gratuíta adaptada a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que permite a elaboración de videocurrículos de forma accesible e funcional, segundo informaron ambas as entidades

app, creada con ferramentas de fácil comprensión e manexo, permite ao candidato dar a coñecer as súas competencias e a súa marca persoal e compartilas en poucos minutos a través de novas canles e dunha forma sinxela e adaptada.

A accesibilidade da aplicación busca facilitar, ademais, a posibilidade de que calquera outra persoa poida dispoñer do seu propio videocurrículo. Así, no seu desenvolvemento tívose en conta a linguaxe, iconografía, modo de navegación e menús de axuda. Ademais, a app, que xa está dispoñible en Google Play para sistemas Android, é configurable e permite activar ou desactivar textos de axuda por voz, axustar tempos de gravación e conta atrás, ou activar e desactivar os subtítulos.

Os candidatos dispoñen tamén dun apartado de almacenamento no que poderán arquivar diferentes videocurrículos e compartilos a través de redes sociais ou correo electrónico.

Co desenvolvemento desta ferramenta preténdese dar resposta ás novas necesidades derivadas dos cambios nos procesos de recrutamento dos empregadores e nos métodos de acceso ao mercado de traballo, que tamén afectan ao colectivo de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal