Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Networking.

Economía dixital e innovación responsable

Versión para impresiónSend by email
A Coruña, 10/11/17 (10:53)

Algo non vai cando vemos a España por debaixo da media europea e fóra do top 40 mundial no que se refire a transformación dixital da súa economía. Esta inmadurez dixital require tanto mellor coordinación entre Administracións, Universidades, empresas e organizacións sociais, como recursos para adecuar titulacións, intensificar a planificación dos seus contidos, crear liñas de investigación específicas e, se é preciso, crear centros especializados que melloren a eficiencia. O Foro Económico Mundial declara a transformación dixital da economía asunto clave para o desenvolvemento e impón un posicionamento decidido que estimule a creatividade. O mar de oportunidades é inmenso e incidirá non só no crecemento económico, senón tamén na redución da desigualdade e no desenvolvemento sustentable. Preguntémonos se o que queremos é un mundo aberto e inclusivo que interconecte os distintos aspectos das nosas vidas, fortaleza o noso sentimento de pertenza a un sistema global máis culto, libre, seguro, san, e con máis oportunidades para a autorrealización e o desenvolvemento dunha democracia global, ou se preferimos un mundo pechado, illado e con profundas desigualdades. 

A resistencia ao cambio por parte de moitas empresas aparece como un obstáculo serio. Existen, con todo, correntes que apostan pola emprendiduría social e a economía colaborativa e circular para alcanzar obxectivos xustos nesta era dixital. Non en balde chegou a xerarse un corpo de expertos en economía dixital que está a contribuír significativamente a consolidar modelos de networking  e innovación responsable que xustifica a necesidade dun maior impulso pola mellora das competencias dixitais, no marco dun modelo de coxeneración de innovación entre universidades, empresas e movementos de innovación social.

Mellorar a formación dixital leva desafíos que esixen un cambio de paradigma que vai máis aló do empresarial, e abarca tamén o académico, o social, o político e o cultural como referencia.

O mar de oportunidades é inmenso e incidirá no crecemento económico, na redución da desigualdade e no desenvolvemento sustentable.

Tema: Xeral
Fonte: La Voz de Galicia
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal