Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas

Un total de 67 empresas, concellos, asociacións e organismos públicos se suman ao programa de Voluntariado Dixital da Xunta

  •  

  • A Iniciativa, que ten como obxectivo incorporar as novas tecnoloxías á vida cotiá dos colectivos de maiores e persoas con discapacidade, conta xa co apoio de preto de 200 voluntarios dixitais

  • O programa suma a solidariedade individual dos voluntarios, a responsabilidade social das empresas TIC, o apoio das asociacións sen ánimo de lucro e o aproveitamento das infraestruturas públicas

  • As actividades previstas permitirán estender este ano a oferta pública de alfabetización dixital a 3.500 persoas maiores e a oito federación de persoas con discapacidade

Versión para impresiónSend by email
02/07/12 (09:49)

A iniciativa suma así a solidariedade individual, a responsabilidade social das empresas do ámbito tecnolóxico, a colaboración das asociacións sen ánimo de lucro e o aproveitamento das infraestruturas públicas para incrementar as accións de alfabetización dixital.

O acto de sinatura estivo presidido pola directora da Amtega, Mar Pereira, e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro. En representación dos asinantes interviñeron Anxo Queiruga, presidente do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade na Comunidade (CERMI Galicia); María Luisa Ansorena, presidenta da Unión Democrática de Pensionistas; Fernando Suárez, presidente do Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia; Manuel Ruiz, alcalde Ribeira en representación da FGAMP; e Antonio Rodríguez del Corral, vicepresidente e presidente en funcións do Cluster TIC Galicia.

Entidades de acción voluntaria

Baixo este epígrafe o programa aglutina ás 41 asociacións sen ánimo de lucro dirixidas fundamentalmente aos colectivos de maiores e persoas con discapacidade, xunto cos 15 concellos que participan directamente na execución desta iniciativa solicitando voluntarios para proxectos do ámbito dixital que xa está a desenvolver ou outras iniciativas relacionadas coas TIC que desexen poñer en marcha.

Mecenas dixitais e organismos colaboradores

As 16 empresas do sector tecnolóxico adheridas ao programa actúan como mecenas dixitais contribuíndo economicamente na formación de voluntarios, na doazón de equipamento TIC e outros bens, na cesión de uso de espazos TIC, apoiando a comunicación ou financiando eventos específicos.

Os 10 organismos colaboradores son tanto entidades públicas e privadas que se ocupan de realizar actividades de difusión entre os seus colectivos de actuación, cedendo o uso de espazos TIC e participando na selección e formación de voluntarios.

Voluntarios

Actualmente están adheridos ao programa 191 voluntarios dixitais, todos eles cun perfil común de internauta maior de 18 anos, con coñecemento tecnolóxico de usuario medio capaz de axudar cos seus coñecementos e sentido da solidariedade á alfabetización dixital.

Os voluntarios completaron en abril o programa de capacitación incluído no Plan de Formación do Voluntariado da Dirección Xeral de Xuventude e xa comezaron a colaborar coas entidades de acción voluntaria. A día de hoxe xa xestionaron preto dunha decena de apoios dixitais e están previstas entre xullo e setembro máis de 30 accións en colaboración coas aulas para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT).

A coordinación entre a oferta e a demanda de voluntarios é xestionada pola unidade de coordinación VolDixital. Esta unidade, integrada por profesionais da Amtega e da Dirección Xeral de Voluntariado, é a encargada de poñer en contacto ás entidades de acción voluntaria a e ás persoas voluntarias para a realización das iniciativas de apoio dixital.

 

Tema: Xeral
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal