Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cartel do evento.

O CCG analizará os cambios xerados pola sociedade móbil nos nosos hábitos culturais

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 03/11/17 (10:35)

O compromiso do Consello da Cultura coa análise do que están a dar de si as novas tecnoloxías como elementos transformadores dos nosos xeitos de comunicarnos e procurar información (entre outras moitas transformacións do día a día de cada quen) non só se vai deixar notar amplamente en 2018, senón tamén nesta recta final de 2017. Se hai uns días falamos das reflexións feitas sobre o ciberacoso dende a sede do CCG, hoxe é a quenda de avanzar as liñas xerais da xornada Sociedade móbil e cultura: novos e vellos desafíos, prevista para o 9 novembro, novamente na sede do Consello da Cultura, e contando na comisión organizadora con Manuel Gago, Xosé López García e Alba Silva. A cita, como se indica no seu nome, será unha oportunidade para ver até onde chegamos en materia de comunicación móbil e albiscar o que nos reserva o futuro neste ámbito. Segundo avanza o CCG, todo indica a que este modelo comunicativo e cultural (tendo en conta o espectacular medre no tráfico de mensaxes nos dispositivos móbiles) “veu para quedar”. 

O CCG tamén lembra que os datos recentes achegan evidencias claras sobre a importancia destes dispositivos no ámbito da comunicación e da cultura: no ano 2016, o tráfico de Google alcanzou a marca do 50 por cento para dispositivos móbiles por primeira vez, fronte a un 42 por cento nos dispositivos de escritorio. E no ano 2017 esta cifra medrou ata o 60 por cento, mentres o de Facebook pasou do 78 por cento ao 87 por cento.

Neste contexto, o obxectivo desta xornada é “analizar como a sociedade móbil está a mudar usos e consumos de produtos culturais”. Trátase, engade o CCG, “de dispoñer de visións do novo marco, nas vésperas da cuarta revolución industrial, e da situación da cultura galega nese escenario en construción”.
 

Programa da xornada

  • 9:15 horas - Inauguración
  • 9:30 horas - Contornas de información ubicua. Catálogo de desafíos pendentes 
    • Juan Miguel Aguado. Universidad de Murcia. Director xeral de RTRM 
  • 10:30 horas - Produción e consumo de información en móbiles. Unha visión do panorama europeo.
    • Oscar Westlund. Götegorgs Universitet
  • 11:30 horas - Descanso
  • 12:00 horas - Periodismo móbil e cultura móbil
    • Koldobika Meso Ayerdi. Euskal Herriko Unibertsitateak
  • 13:00 horas - O móbil como oportunidade para producir contidos e intervir
    • João Canavilhas. Universidade da Beira Interior
  • 16:30 horas - A comunicación política na sociedade móbil: oportunidades e retos nunha contorna híbrida
    • Andreu Casero-Ripollés. Universitat Jaume I 
  • 17:30 horas - Oportunidades da comunicación móbil para os actores culturais: o prosumo como actividade creativa
    • Eva Campos. Universidad de Valladolid
  • 18:30 horas - A conquista de novos territorios comunicativos para a cultura galega 
    • Manuel Gago. Consello da Cultura Galega, Universidade de Santiago de Compostela
  • 19:30 horas - Clausura - Trazos e identidades dunha cultural con identidade e migrante
    • Ramón Villares. Presidente do Consello da Cultura Galega
Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal