Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Fundación Adecco

A Fundación Adecco lanza unha nova ferramenta para o deseño de plans de Voluntariado Corporativo de alto impacto

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 30/10/17 (11:44)

Dentro do proxecto #RSCParaTodos, a Fundación Adecco presentou hoxe a guía #RSCParaTodos. Plan de Voluntariado Corporativo de Alto Impacto. Trátase dunha ferramenta que facilita, tanto a pemes como a grandes compañías, o deseño e implementación dunha estratexia propia de Voluntariado Corporativo, integrada plenamente na Responsabilidade Social da empresa.

O obxectivo desta guía é, en primeiro lugar, posibilitar desde o inicio a creación dun programa de voluntariado corporativo estratéxico, sustentable no tempo e vinculado á identidade da empresa.  E, en segundo lugar, ofrecer unha visión global e integral sobre o importante papel do Voluntariado Corporativo dentro da organización. Así, a ferramenta permite poñer en valor e dotar de carácter estratéxico a aquelas accións en materia de Voluntariado Corporativo que, en moitas ocasións, aínda se desenvolven de forma illada, sen explotar o potencial que teñen tanto para a empresa como para a sociedade.

Para Francisco Mesonero, director xeral da Fundación Adecco: "esta guía permite identificar e multiplicar o impacto social e corporativo do Voluntariado Corporativo nas organizacións, integrándoo na dinámica empresarial e implicando a todos os Grupos de Interese".

Alto impacto corporativo e social

Dispoñer dunha estratexia de Voluntariado Corporativo de alto impacto reporta unha serie de beneficios á organización, a nivel externo e interno. No plano corporativo, permite consolidar e transmitir aos empregados os valores e cultura da empresa, sendo ademais unha excelente oportunidade para potenciar as capacidades de liderado e mellorar o diálogo cos Grupos de Interese.  Todo iso impacta na reputación corporativa, tanto interna (orgullo de pertenza, identidade, etc) como externa.

Con todo, a nivel social, un programa estratéxico de voluntariado corporativo ofrece solucións a multitude de retos próximos á realidade da empresa: inclusión social, cooperación internacional, medioambiente, filantropía, fomento do deporte, hábitos saudables, proxectos comunitarios ou de carácter sociosanitario, entre outros.

Deseña a túa estratexia de Voluntariado Corporativo en 11 pasos

A guía #RSCParaTodos Plan de Voluntariado Corporativo de Alto Impacto consta de 11 pasos e 29 accións específicas para a súa implementación. Trátase dun proceso continuo, no que cada unha das seccións é estritamente necesaria para o deseño dun Plan Estratéxico de Voluntariado Corporativo:

Paso 1. Análise e diagnose

Paso 2. Identidade do Voluntariado Corporativo

Paso 3. Política do Voluntariado Corporativo

Paso 4. Orzamento e Recursos

Paso 5. Compromiso

Paso 6. Sistema de Gobernanza

Paso 7. Sistema de Xestión

Paso 8. Programas de Voluntariado

Paso 9. Plan de Comunicación

Paso 10. Voluntariado

Paso 11. Pegada Social

A Guía pode descargarse na siguiente ligazón: https://www.fundacionadecco.org/rsc/voluntariado.html 

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Adecco
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal