Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Persona usando un smartphone.

Coñeces aplicacións accesibles para usar no teu móbil?

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 27/10/17 (12:22)

As aplicacións móbiles teñen como obxectivo poder utilizar o móbil para utilizar servizos cotiáns: como ler noticias, facer compras, revisar o correo, e outras funcións máis que aínda están por presentar.

Sabemos que non sempre estas apps son accesibles, e poden supoñer unha barreira para algunhas persoas en función das súas diferentes capacidades. Por iso, desde Discapnet traballamos cada día incluíndo novas apps accesibles na nosa sección de Aplicacións móbiles na área de Tecnoloxía Inclusiva, porque nos gustaría que todos e todas puidesen usar as súas apps no móbil sen barreiras.

A sección divídese en Apps accesibles e as súas utilidades, Aplicacións móbiles para Lecer e Cultura, e Aplicacións do Portal Noticias Fácil.

En Apps accesibles-utilidades presentamos aquelas ferramentas que serven de apoio en materia de asistencia, documentación, documentación ou accesibilidade.

Entre as apps que temos nesta páxina atópase LAzarilloApp GPS Accesible que axuda ás persoas cega a moverse na contorna dándolle indicacións claras e precisas da súa ruta. Tamén atopamos o Signslator, un tradutor de castelán a lingua de signos.

E mesmo tamén podedes atopar entrevistas con creadores dalgunhas destas apps que explican como xurdiron e cal é a súa función, como a realizada a un dos creadores de Metrociego, app para que as persoas cegas ou con discapacidade visual poidan moverse con máis facilidade no Metro.

No apartado de Apps para Lecer e Cultura destaca unha app para xogar ao boccia, ou JuegosONCE app que facilita os resultados dos sorteos.

E por último, na parte de App en lectura fácil pódense atopar xogos e aplicacións para persoas con discapacidade intelectual ou discapacidade cognitiva, e tamén outras apps orientadas máis a profesionais para facilitar os seus proxectos e iniciativas no seu apoio a persoas con discapacidade intelectual.

Un bo modo de usar a tecnoloxía para facilitar as nosas actividades no día a día, esperamos que vos resultara de interese, e seguiremos incluíndo máis novidades.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal