Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Man dunha persoa maior sinalando unha foto antiga.

Activiza! convoca un curso experto en envellecemento activo

Versión para impresiónSend by email
Pontevedra, 26/10/17 (10:15)
  • A entidade de emprendemento organiza esta formación presencial e en liña entre o 17 e o 1 de decembro en Pontevedra
 
A entidade de emprendemento activiza!convoca o ‘Curso de experto en envellecemento activo e saudable' que se vai a celebrar en Pontevedra entre o 17 de novembro e o 1 de decembro. 
 
O curso consta de 20 horas presenciais, 3 horas de proxecto e unha avaliación e feedback e está destinado a profesionais do ámbito socio-sanitario que queiran desenvolver a súa carreira profesional no ámbito das persoas maiores e o envellecemento activo; tamén para profesionais do mesmo sector que xa leven a cabo programas de intervención ou actividades no campo do envellecemento activo e queiran reciclarse e/ou incorporar novas ferramentas de traballo; calquera tipo de profesional que ofreza servizos ao público sénior ou queira reenfocar os seus servizos profesionais cara a este público e para estudantes ou emprendedores que queiran orientar a súa carreira profesional no campo do envellecemento activo.
 
Finalidade
Os seus obxectivos, como explican na propia entidade son “aproximarse á base teórica do concepto ‘envellecemento activo', así como os retos e oportunidades que brinda a ‘revolución da lonxevidade'; coñecer as diferentes modalidades de intervención neste ámbito e o rol do terapeuta e dinamizador; revisar elementos de aplicación do modelo de Atención Centrada na Persoa (AICP) no ámbito do envellecemento activo; desenvolver programas de envellecemento activo e saudable a través da metodoloxía de Design Thinking e coñecer de primeira man unha experiencia real, en concreto o caso os espazos +60 de Afundación”.
 
Os seus contidos son amplos e abarcan o envellecemento activo en mútiples das súas variantes, teorías e avances, a ‘revolución da lonxevidade' e os seus aspectos, a detección precoz, modalidades de intervención, tipos de actividades con persoas maiores, acompañamento, o ‘proxecto de vida', etc. 
 
Pódese consultar o programa, a súa metodoloxía e mesmo realizar a inscrición en liña na súa páxina web.
Tema: Xeral
Fonte: entremayores
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal