Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
A directora técnica de Ecos do Sur, o alcalde e a edil de Servizos Sociais.

Argumentos contra o odio na rede

Versión para impresiónSend by email
A Coruña, 24/10/17 (16:20)
  • As xornadas de interculturalidade que organizan Ecos do Sur e o Concello abordarán os ataques e insultos que se producen na internet
  • Haberá sesións didácticas nos institutos

 

Combater o aumento dos delitos de odio na internet. Este é o obxectivo da décimo quinta edición das Xornadas de Sensibilización sobre a Interculturalidade que organizan Ecos do Sur e o Concello de Arteixo e que se celebrarán o vindeiro xoves. "Internet pode ser unha canle de transmitir odio. Permite chegar a un amplo público", alertou a directora técnica de Ecos do Sur, Saray Durán, onte durante a presentación desta actividade. Tamén asegurou que Galicia é a sexta comunidade autónoma na que se producen máis delitos de odio.

As xornadas, que se celebrarán no centro cívico de Meicende, arrincará o xoves ás 9.00 horas. Impartirán charlas o responsable de informática dos Museos Científicos Coruñeses, Javier Pedreira Wicho; a activista polos Dereitos Humanos e experta en Oriente Medio, Leila Nachawati; e a cofundadora do Institut Diversitas, Elena Caballé. Tamén haberá unha mesa redonda sobre internet e os límites da liberdade de expresión e un obradoiro de innovación social.

Unha das novidades deste ano é que as xornadas se estenderán ao instituto de Pastoriza e ao Manuel Murguía. O venres impartiranse sesións didácticas que teñen como obxectivo que os alumnos reciban unha formación sobre consumo crítico e responsable de información, segundo explicou a concelleira de Servizos Sociais, Inés Ramos. A edil asegurou que o Concello pretende implicar "aos mozos nos dereitos humanos".

Os interesados poderán apuntarse a través da web interculturalidade.net ou polo correo emcomunicacion@ecosdosur.org. O prezo da inscrición é de dez euros.

Tema: Xeral
Fonte: La Opinion
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal