Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
world café

A Xunta convoca catro ‘world café’ para avanzar na elaboración do novo Plan estratéxico de xuventude de Galicia 2018-2020

  • Trátase de encontros dirixidos a mozos e mozas e a todos os axentes implicados coa mocidade nos que poderán intercambiar ideas e realizar propostas para engadir a este Plan
  • Celebraranse os días 20 e 27 de outubro en Lugo, Ourense, Coruña e Vigo

 

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 02/10/17 (10:42)

A Xunta de Galicia porá en marcha ao longo do mes de outubro catro world cafés nas catro provincias galegas co obxectivo de avanzar na elaboración do novo Plan estratéxico de xuventude de Galicia 2018-2020, un instrumento de planificación que establecerá o marco de actuación plurianual nas políticas de xuventude na nosa comunidade autónoma.

O world café é unha dinámica que propicia que arredor de 80 persoas conversen e intercambien opinións e ideas, neste caso, de todo o que ten que ver coa mocidade. Así, poderanse detectar necesidades e retos e se elaborarán propostas que contribúan ao deseño das políticas de xuventude da administración autonómica.

Estes encontros celebraranse os días 20 de outubro en Lugo e Ourense e o 27 de outubro na Coruña e Vigo, todos eles en horario de 17,00 a 20,00 horas e neles poderá participar calquera axente que se sinta implicado na elaboración do novo Plan estratéxico así como todos os mozos e mozas galegos, membros de asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude, de entidades de acción voluntaria, escolas de tempo libre, informadores e técnicos xuvenís, alcaldes e/ou concelleiros e concelleiras de xuventude.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata tres días antes da data prevista para o world café correspondente e os interesados en asistir deberán cubrir o formulario que atoparán na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal