Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e ol reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Manuel Viaño Rey, firmaron un convenio de cooperación.

A Xunta de Galicia impulsa a formación das persoas maiores de 50 anos a través da Universidade de Santiago de Compostela Escoitar

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 19/09/17 (11:24)
  • O conselleiro José Manuel Rey Varela asinou hoxe o convenio de cooperación coa institución académica
  • A Administración autonómica investirá no IV Ciclo Universitario un orzamento de 27.500 euros
  • Ofrece materias como historia de Galicia, bioloxía humana, literatura española, historia da menciña e da ciencia, xeografía de Galicia, patrimonio documental ou informática entre outras

 

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Manuel Viaño Rey, asinaron hoxe un convenio de cooperación para o financiamento do IV Ciclo Universitario como vía para impulsar as actividades educativas, culturais e formativas que faciliten ás persoas maiores o seu desenvolvemento persoal e social. No acto de sinatura, celebrado en San Caetano, tamén estivo presente a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez.

O programa universitario de maiores da USC é unha vía de formación dirixida a persoas maiores de 50 anos que busca a integración conceptual do programa nos demais ciclos que se imparten dentro desta institución educativa. O IV Ciclo Universitario ofrece materias como historia de Galicia, bioloxía humana, literatura española, historia da menciña e da ciencia, xeografía de Galicia, patrimonio documental ou informática entre outras. Para a implantación deste IV Ciclo, a Consellería de Política Social investirá 27.500 euros.

A Administración autonómica valora de xeito positivo esta colaboración, destacando a importancia de que as persoas maiores galegas teñan a oportunidade de formarse e seguir aprendendo de maneira activa e participativa.

O convenio terá vixencia ata o 31 de decembro de 2017, non obstante, financiaranse os gastos realizados desde o 1 de xaneiro do presente exercicio.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta de Galicia
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal