O IAVE (International Association for Volunteer Effort), organización da que forma parte a Plataforma do Voluntariado de España, ven de crear un espazo internacional de encontro para que mozos e mozas que fan voluntariado expliquen a través dun vídeo de que maneira a súa tarefa contribue a mellorar o mundo.
Baixo o lema “Queremos oír a túa historia”, esta iniciativa pretende reunir o maior número de experiencias sobre voluntariado que estean en liña cos 17 obxectivos de Desenvolvemento Sostible marcados para o ano 2030. (http://www.un.org/sustainabledevelopment/es/).
As persoas interesadas en participar neste proxecto, poden obter máis información aquí.
O IAVE fundouse en 1970 por persoas voluntarias de todo o mundo. O seu Consello de Administración está formado por integrantes de 12 países que representan a diversidade xeográfica e a os diferentes colectivos.
O IAVE ten Representantes Nacionais en 66 países que contan con estruturas estables de voluntariado e unha das súas principais tarefas é formar a novos membros e manterse ao tanto das novas tendencias, desafíos e innovacións dentro do sector do voluntariado.
Rexístrate como: