A Plataforma do Voluntariado de España lanza a VI edición do certame VoluntariArte, unha iniciativa que combina arte e solidariedade co obxjectivo de dar a coñecer a tarefa voluntaria entre a infancia e a xuventude.
O concurso pretende que a infancia e a adolescencia exploren na súa creatividade e participe aportando a súa visión do voluntariado a través do debuxo ou o relato en calquera das categorías: infantil (de 6 a 11 anos) e xuvenil (de 12 a 18 anos).
Cada participante pode enviar un máximo de dúas obras sobre calquera temática relacionada cos ámbitos do voluntariado. As obras poden enviarse por correo electrónico indicando CERTAMEN a: sensibilizacion@plataformavoluntariado.org ou por correo postal á: Plataforma del Voluntariado de España, C/Tribulete 18, 1º. O prazo límite de envío é o 31 de outubro.
Rexístrate como: