Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Alumnos na universidade.

A ONCE escolle á UDC para formar a persoas con discapacidade intelectual

Versión para impresiónSend by email
A Coruña, 01/09/17 (14:14)

Universidade da Coruña (UDC) é unha das quince universidades españolas seleccionadas pola Fundación ONCE para desenvolver programas de formación universitaria para o emprego destinados a mozos con discapacidade intelectual.

Segundo informa o reitorado, esta actuación desenvolverase no marco dunha iniciativa apoiada polo Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil dirixido a todas as universidades españolas.

Xunto á UDC, foron seleccionadas as universidades de Alacante, Alcalá de Henares, Pablo de Olavide, Pública de Navarra, Miguel Hernández, Complutense de Madrid, Murcia, Burgos, Castela-A Mancha, Xaén, Málaga, Almería, Estremadura e Granada, segundo a información da Fundación ONCE.

O obxectivo desta iniciativa é "implicar ás universidades como axentes decisivos na inclusión social, na formación de mozas con discapacidade intelectual e cuxo acceso á formación superior resulta aínda insignificante", explica o reitorado coruñés.

Tema: Xeral
Fonte: Galiciapress
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal