Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Solidariedade

Ser solidario, tamén en verán

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 25/08/17 (11:16)

A preocupación polos demais é un feito que se palpa nos datos do último estudo sobre voluntariado realizado pola Plataforma do Voluntariado de España (PVE) con cifras de 2016. Segundo o informe, o 38,1% dos españois maiores de 14 anos colabora dalgunha forma cunha organización non gobernamental. Unha porcentaxe que engloba tanto as achegas económicas como as accións de voluntariado, propiamente ditas, dentro e fóra das fronteiras nacionais.

E é que, ser solidario, é unha tendencia á alza en todas as épocas do ano. Os españois empezan a asumir a solidariedade como unha oportunidade e un deber de todo cidadán do mundo. Por isto, as cifras de participación (recollidas pola PVE desde 2014) non deixan de aumentar.

Voluntariado como forma de solidariedade
O informe da PVE pon de manifesto que a maior parte de mostras de solidariedade realízanse en forma de achegas económicas. Aínda así, o 9,3% da poboación que contribúe coas ONG, algo máis de tres millóns de persoas, realizan accións de voluntariado. Que significa ser voluntario? Segundo Misións Salesianas, congregación con máis de 140 anos de andaina, "dedicar tempo, esforzo e, en ocasións, diñeiro para axudar aos menos afortunados, sen ningún tipo de remuneración a cambio". Ademais, o positivismo e a motivación engádense á ecuación na procura do cambio na sociedade mundial.

Tradicionalmente, os actos de solidariedade en España atopaban o empuxe necesario en datas sinaladas como Nadal ou en momentos de emerxencia mundial. Hoxe en día, as ONG e as entidades relacionadas afirman que non hai escusas para a solidariedade. Por iso, son moitos os cidadáns que, no seu tempo libre, convértense en voluntarios sen importar a época do ano.

Razóns para o voluntariado no verán
Moitos cidadáns culpan á falta de tempo como a principal causa que lles impide a realización de accións de voluntariado. Segundo a enquisa realizada pola PVE, esta percepción é a máis estendida, cun 17,5% do total de persoas preguntadas. Pero verán significa tempo libre. Ademais de aumentar as horas de luz, traballadores e estudantes gozan de vacacións e tempos de descanso máis extensos. Por iso, adoita ser unha das mellores épocas para iniciar a incursión no mundo da solidariedade. As principais razóns que empuxan a todos os voluntarios son:...

Accede aquí á noticia completa.

Tema: Xeral
Fonte: Comunicae
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal