Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Fegaus

Fegaus pon en marcha a segunda edición dos seus seminarios sobre dispositivos móbiles e tablet

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 25/08/17 (08:35)

A Federación Galega de Asociacións Universitarias Senior (Fegaus) ofrecerá, a partir do día 8 de setembro, o seu segundo ciclo formativo sobre o manexo de dispositivos móbiles e tablet.
Estes seminarios, que terán lugar ata o próximo 20 de outubro, desenvolveranse no marco do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Baixo o título ?Usa as novas tecnoloxías para unha madurez máis activa e positiva?, esta iniciativa estará orientada a persoas cun nivel básico no que respecta ás novas tecnoloxías.
Durante o transcurso da mesma tratarase de achegar aos participantes o uso de aplicacións, así como das posibilidades que ofrece o ámbito dixital. Vídeo, redes sociais, compra a través de Internet, trámites administrativos e contratación de viaxes serán algúns dos temas dos que poderán aprender.
Ademais, os participantes poderán acceder a un soporte tutorial, de modo que ao finalizar cada un dos seminarios poderán acceder a máis información relativa aos contidos da materia tratada.?Esta información incorporarase á plataforma de teleformación coa que conta a rede CeMIT.
Arzúa, Bande, Beariz, Betanzos, Boborás, Celanova, Cuntis, Fisterra, Marín, Oroso, Padrón, Sada, San Sadurniño, Santa Comba, Valga e Vilanova de Arousa son as aulas nas que se impartirán estas actividades. De forma presencial, estas iranse desenvolvendo cada vez nunha aula e serán retransmitidas ao resto de aulas. As actividades terán unha duración de hora e media e serán gratuítas.

Tema: Xeral
Fonte: Fegaus
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal