Un total de vinte agrupacións sen ánimo de lucro responderon á convocatoria da Concellería de Xuventude e Solidariedade de Vilagarcía para participar na XV edición da Festa do Voluntariado que se celebrará este sábado na céntrica Praza de Galicia. O evento, que conmemora o día internacional do voluntariado cada 31 de agosto, adiántase no municipio para facelo coincidir en fin de semana.
As organizacións sociais participantes dispoñerán dos seus propios postos instalados na Praza de Galicia para mostrar ao público o traballo que realizan e convidar os vilagarciáns e visitantes a colaborar facéndose voluntarios. Tamén haberá un amplo programa de actividades lúdicas para todos os públicos, cuxa organización corre a cargo da Concellería de Xuventude e Solidariedade que dirixe Sonia Outón.
Con este evento o Concello pretende recoñecer o labor altruísta e en favor dos colectivos máis desfavorecidos que prestan todas estas entidades, as cales levan a cabo a súa función en Vilagarcía de Arousa e o seu contorno, así como darlles protagonismo tanto ás agrupacións como aos seus voluntarios. Outros obxectivos son captar máis voluntarios, sobre todo entre as persoas maiores e axudar aos colectivos para facer novos socios, e incrementar os seus ingresos.
Accede aquí á noticia completa
Rexístrate como: