A tecnoloxía é un dos grandes aliados para as persoas con enfermidade de Alzhéimer xa que poden axudar a manter a actividade do paciente e a lembrar a súa identidade e as dos seus achegados.
Así o cre o Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade (Centac) cuxa xerente de proxectos, Rosa Tejerina, subliña que ?as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) son un aliado fantástico tanto para persoas que sofren esta enfermidade, como para os seus coidadores?.
Neste sentido, Tejerina defende que o uso da tecnoloxía, que permite gravar os momentos máis significativos e velos unha e outra vez, ?poden axudar ao enfermo a lembrar a súa identidade?.
Tamén outros dispositivos, como os localizadores por GPS, permiten aos coidadores dar unha maior liberdade aos enfermos.
Rexístrate como: