Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Brazo artificial Luke.

A prótese que permite coller unha moeda do chan e unha uva sen esmagala

Versión para impresiónSend by email
EE.UU., 04/08/17 (10:45)
  • O brazo robot Luke, o máis avanzado construído ata o momento, usa os músculos das persoas amputadas ata o ombreiro para permitirlles facer tarefas complexas e precisas

O brazo artificial Luke, desenvolvido por Deka para a axencia militar DARPA, é a prótese máis avanzada que construíron ata agora. Despois de varios anos en desenvolvemento, recentemente comezáronse a implantar as primeiras unidades finais da nova versión, que proporciona destreza manual a pacientes con amputacións ata o ombreiro. Ata agora, as versións iniciais limitábanse a amputacións por baixo do cóbado. Os receptores son dous veteranos da guerra de Vietnam.

Esta prótese robótica fai uso dos músculos do paciente para permitirlle realizar tarefas complexas e precisas. Tan complexas e precisas como recoller unha moeda do chan, soster unha uva sen esmagala, ou sacar un ovo da neveira sen rompelo, “á vez permite manexar unha taladradora”, segundo explican os seus desenvolvedores. O programa do brazo Luke tivo un custo de 100 millóns de dólares e, de momento, as primeiras unidades fabricadas e que recibiron o visto e prace da FDA (equivalente a estes efectos á Axencia estatal de medicamentos e produtos sanitarios) irán destinadas a veteráns de guerra. Por este motivo, por agora descoñécese cal será a dispoñibilidade e o prezo da prótese.

Seguir lendo na fonte da noticia...

Tema: Xeral
Fonte: El País
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal