Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Fegaus.

A Fundación Vodafone España e FEGAUS renovan a súa colaboración cunha innovadora proposta para a inclusión dixital das persoas maiores

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 03/08/17 (10:58)
  • Máis de 4000 persoas formaranse no uso dos smartphones e as tablets para favorecer o envellecemento activo

 

A Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior (FEGAUS) e a Fundación Vodafone España colaboran, por terceiro ano consecutivo, na impartición de obradoiros sobre o uso dos Smartphone e Tablets dirixidos a persoas maiores, cunha nova edición do programa “Ágora Tecnoloxía”.

O devandito programa enmárcase dentro dun novo Convenio de Colaboración subscrito por ambas as entidades e que asinaron os seus respectivos responsables, Santiago Moreno, por parte da Fundación Vodafone España e Alejandro Otero en representación de FEGAUS.

O programa “Ágora Tecnoloxía”, con esta terceira edición, afiánzase como un dos programas referentes en formación de novas tecnoloxías adaptadas ás persoas maiores. A súa metodoloxía, proximidade e contidos, chegaron a todo tipo de institucións, centros, programas e servizos de atención ao maior, facilitándolles a adquisición de competencias dixitais.

“Ágora Tecnoloxía”, formou a máis de 6.000 persoas maiores no uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación desde o ano 2015. O grande interese que esperta o tema entre as persoas maiores e a súa actitude aberta e participativa cara aos programas formativos que melloren a súa calidade de vida, propiciou o enorme éxito e impacto do programa Senior Clic.

Nesta terceira edición amplíanse contidos, dinamízanse os plans formativos e préstase especial atención a Facebook, WhatsApp e ás aplicacións móbiles de mobilidade, accesibilidade, saúde, sociabilidade e inclusión dixital a través de vídeo-pílulas formativas adaptadas á linguaxe dos maiores realizadas pola Fundación Vodafone España.

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Vodafone España
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal