Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
XIX Congreso Estatal de Voluntariado "Sumando Voluntad"

XIX Congreso Estatal de Voluntariado "Sumando Voluntad"

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 27/07/17 (11:09)

O XIX Congreso Estatal de Voluntariado é un lugar de encontro de persoas voluntarias e entidades que se celebra durante dous días nunha contorna activa e participativa. Relatorios, mesas redondas, talleres, comunicacións e posters, así como actividades sociais e culturais guían a dinámica deste evento que aposta pola construción con xunta dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

Participar neste encontro permitirá, a través de mesas redondas, relatorios e talleres, aprender os beneficios que a participación solidaria achega, coñecer as novidades lexislativas neste ámbito e ver de preto o traballo que leva a cabo en diferentes ámbitos como o deportivo, ambiental, cooperación ao desenvolvemento, protección civil, o mundo da cultura, do lecer e tempo libre, da educación, da sanidade.

As áreas temáticas deste XIX Congreso Estatal do Voluntariado son:

    Área 1: "SUMANDO MÁIS EUROPA"
    Área 2: "SUMANDO NOVOS RETOS"
    Área 3: "SUMANDO EDUCACIÓN E FUTURO"
    Área 4: "SUMANDO ESFORZOS, IMPACTOS E VISIBILIDADE"

A participación no XIX Congreso Estatal do Voluntariado é gratuíta. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata a data publicada no portal . Criterios de selección: As inscricións aceptaranse por orde de chegada atendendo ao equilibrio territorial, favorecendo a participación de todas as provincias, entidades de Voluntariado e organizacións sociais.

Terá lugar en Sevilla, no Palacio de Congresos e Exposicións, os días 22 e 23 de novembro de 2017.

Tema: Xeral
Fonte: Injuve
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal