Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Una pareja de personas mayores utiliza una tableta.

Os maiores protagonizan o maior crecemento de usuarios da internet

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 20/07/17 (13:31)
  • Case o 40% das persoas entre 65 e 74 anos son internautas, unha cifra que, aínda que segue sendo baixa en comparación con outros grupos de idade, é a que rexistrou un maior crecemento nos últimos anos

 

En concreto, o 38,1% das persoas entre estas idades afirma que é usuaria da internet, segundo datos do ano 2016 do Observatorio Nacional das Telecomunicación e a Sociedade da Información (ONTSI).

Esta porcentaxe é superior en 4,2 puntos ao rexistrado no ano anterior, o que representa o maior crecemento rexistrado entre os distintos grupos de idade.

A pesar de que os maiores seguen sendo as persoas cun menor uso da Rede, as cifras crecen a gran velocidade ano tras ano.

Nos dous últimos anos, é dicir, entre 2015 e 2016, a porcentaxe de maiores que usa Internet creceu case 10 puntos, pasando do 28,8% ao 38,1%.

Este crecemento dáse tanto entre os internautas máis intensos, que entran todas as semanas a Internet e que pasaron do 28% a case o 31% (30,7%), como entre os que entran polo menos unha vez ao mes, que alcanzan o 33,5%, tres puntos máis que un ano antes.

Con todo, o colectivo de persoas máis maiores segue sendo o menos representativo entre os usuarios da internet maiores de 16 anos, representando só o 5,8%. Iso si, esta porcentaxe era do 5,2% en 2015 e do 4,4% en 2014.

En total son 1,64 millóns de persoas entre 65 e 74 anos que son usuarias da internet, case 200.000 persoas máis que en 2015.

Tema: Xeral
Fonte: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal