A aplicación Visual Tags, que permite ás persoas cegas e con discapacidade visual moverse de forma completamente independente en espazos descoñecidos, sen necesidade de estar acompañadas, foi galardoada nos XI Premios Vodafone á Innovación en Telecomunicacións.
Esta aplicación que permite detectar etiquetas de forma rápida e en movemento foi desenvolvida polo grupo de investigación Laboratorio de Investigación en Visión Móbil, MVRLab da Universidade de Alacante en colaboración coa empresa Neosistec. Ademais, o premio inclúe a oportunidade de presentar a aplicación no Mobile World Congress de Barcelona, en febreiro de 2018.
Desta maneira, mediante a instalación de marcadores visuais e utilizando visión artificial, a tecnoloxía Visual Tags fai accesible os carteis presentes en calquera lugar, como poden ser espazos públicos tales como hospitais, aeroportos, hoteis ou centros comerciais, utilizando para iso unicamente un dispositivo móbil.
O director do grupo de investigación, Miguel Ángel Lozano, explicou que "é similar a un código QR pero, ademais, permite detectalos a longa distancia e co móbil en movemento". Neste sentido, os investigadores destacaron que esta aplicación pode ser útil para sinalización e etiquetaxe, como podería ser o caso de sinais na estrada ou en autobuses, ou para a etiquetaxe de produtos, que poderían ser escaneados de forma rápida utilizando simplemente a cámara dun dispositivo móbil.
Por último, a diferenza do código de barras ou os QR, a aplicación poderá detectar varias etiquetas ao mesmo tempo, e indica a distancia á que se atopa cada unha e outra das propiedades de Visual Tags que apuntou Lozano é que "son códigos densos, isto é, que poden almacenar gran cantidade de información".
Rexístrate como: