Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Imaxe do reloxo Silent S-1 de Kero.

Un reloxo para persoas xordocegas que funciona con vibracións

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 13/07/17 (11:02)
  • A compañía especializada en produtos adaptados Kero presentou o seu novo reloxo Silent S-1, que está totalmente adaptado para o seu uso por persoas xordocegas

 

O reloxo informa ao usuario da hora e do son da alarma mediante vibracións, e pode ser controlado mediante os catro botóns físicos ao redor da esfera.

Así, se o usuario pulsa o botón situado nas ‘2', o reloxo diralle primeiro a hora e logo os minutos mediante vibracións. En ambos os casos, unha vibración longa representa un conxunto de cinco unidades de tempo e unha vibración curta dunha unidade.

É dicir, que para que o reloxo vibre representando a cifra 23, fará catro vibracións longas e tres curtas.

Co botón situado nas ‘10', o usuario poderá consultar a alarma do reloxo, que tamén se reflectirá mediante vibracións longas e curtas.

O Silent S-1 é un reloxo con caixa cromada, correa de silicona negra, unha esfera en cor branca para aumentar o contraste e agullas en cor negra para as persoas que teñan algunha porcentaxe de visión.

Tema: Xeral
Fonte: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal