Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Teclado cun botón que representa a discapacidade.

As apps, a clave para unha mellor calidade de vida das persoas con discapacidade

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 12/07/17 (11:26)
  • Seis de cada dez persoas con discapacidade xa usan aplicacións móbiles para mellorar a súa calidade de vida
  • Siri, Google Talk Back, VoiceOver, SVisual ou Disabled Park, entre as apps máis populares

 

Máis de mil millóns de persoas viven en todo o mundo con algunha forma de discapacidade; delas, case 200 millóns experimentan dificultades considerables no seu día a día. A tecnoloxía foi un importante catalizador para mellorar esa calidade de vida e, máis en concreto, o auxe dos smartphones e as apps que facilitan a accesibilidade ao mundo dixital a este colectivo. De feito, un novo informe revela que o 60% das persoas con discapacidade xa utiliza apps específicas para facilitar as tarefas da súa vida cotiá.

En concreto, as persoas con discapacidade visual son as que máis empregan as aplicacións móbiles para mellorar a súa accesibilidade (77%), seguidas das que teñen discapacidade auditiva (73%), física (65%) e intelectual (50%), con usos prácticos que van desde a comunicación en igualdade de condicións ata a denuncia da violación dun dereito ou localizar un aparcadoiro accesible.

 

As innovacións máis prometedoras para persoas con discapacidade

Os datos, procedentes do sexto estudo realizado respecto ao tema pola Fundación Adecco e Keysight Technologies Spain, tamén reflicten que un 84% das persoas con discapacidade afirma que as TIC melloraron a súa calidade de vida global e para o 50% dos enquisados con emprego as novas tecnoloxías son a clave para poder ter un emprego. Con todo, non todo son boas noticias neste sentido: oito de cada dez persoas con discapacidade cren que o desenvolvemento das novas tecnoloxías non foi acompañado doutras medidas de accesibilidade, o que ocasiona situacións de dependencia inxustificadas.

Pero, cales son as apps máis usadas en cada unha das clases de discapacidade antes mencionadas? Os autores do estudo tamén fan fincapé nesta materia, con grandes nomes como Siri, Google Talk Back, VoiceOver (discapacidade visual), SVisual (discapacidade auditiva) ou Disabled Park (discapacidade física) entre as aplicacións móbiles máis populares.

Tema: Xeral
Fonte: TICbeat
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal