Este programa baséase na lectura global xa que as súas desenvolvedoras consideran que é a máis adecuada para mozos con TEA xa que parte do pensamento visual e conxuga imaxes con texto.
Leo con Lula naceu como un proxecto para pizarras dixitais de escolas e colexios, pero agora evolucionou e volveuse interactivo nunha aplicación que xa está dispoñible para iOS e pronto o estará para Android.
A aplicación pódese configurar con distintas contas que terá as súas propias preferencias, coas opcións de elixir 4 tipos de letra (Sarakanda, especial para persoas con dislexia; Chalkboard; Helvética e Escolar). Tamén se pode elixir se se utilizarán palabras só en maiúscula ou en minúscula, se queremos que se lean as palabras cando o usuario pulse sobre elas, se queremos que haxa axudas visuais, definir o número de acertos para quitar o apoio de palabra escrita, ou se queremos reforzos visuais, entre outros.
Unha vez establecidas as opcións e elixido o contido para tratar, comezarán os exercicios que irán subindo en dificultade. A aplicación utiliza a aprendizaxe sen erro, polo que os usuarios irán recibindo axudas e estímulos para que elixan a opción adecuada.
A aplicación ofrece tamén a posibilidade de utilizar tarxetas con códigos QR para utilizar a realidade aumentada.
Leo con Lula foi deseñada por Lupe Montero, directora do Colexio Alenta, e Laura Muñino, que contaron coas ilustracións de Óscar Moreno. Así mesmo, para o desenvolvemento da aplicación en iOS recibiron o apoio de Ruben Velasco, desenvolvedor do CPA; mentres que na de Android está a traballar como proxecto final de carreira a Escola Politécnica Superior da Universidade Autónoma de Madrid.
Rexístrate como: