Santiago de Compostela,
04/07/17 (11:11)
O prazo de inscrición estará aberto do 3 ao 13 de xullo ás 14:30h.
Destinatarios/as: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia
Nº. de horas: 20
Nº. de prazas: 25
Módulo 1: CONCEPTOS CLAVE NO ÁMBITO DO ENVELLECEMENTO ACTIVO
- O ABC do envellecemento activo: definición, determinantes, áreas e evolución.
- Radiografía do perfil das persoas de 55 e máis anos en Galicia: estereotipos, novos perfís, novas necesidades.
- Estado da arte na nosa comunidade: a ESGAEN (Estratexia Galega de Envellecemento Activo desde a Innovación 2016-2020 da Xunta de Galicia): liñas estratéxicas, mapa de valor (entidades, recursos e programas), etc.
- O papel do voluntariado no Envellecemento Activo.
- Boas prácticas e experiencias innovadoras no ámbito do voluntariado.
Módulo 2: METODOLOXÍAS E ÁREAS DE INTERVENCIÓN
- O modelo de atención centrado na persoa e o paradigma de curso vital en envellecemento activo. As actividades significativas.
- O concepto de aprendizaxe permanente ou “longlife learning”.
- Tipoloxía de actividades con persoas de 55 e máis anos: estimulación cognitiva, actividade física, intelixencia emocional, uso das TIC como “medio” non como “fin”, terapias integrais (musicoterapia, terapia con animais, arteterapia, mindfulness, etc…)
- Novas tendencias: os “serious games” como ferramenta de detección precoz de Envellecemento Activo.
Módulo 3: TIPOS DE INTERVENCIÓNS E ROL DO VOLUNTARIO.
- O voluntariado sénior: definindo un novo rol mais alá do acompañamento.
- Desenvolvemento de competencias clave: comunicación interpersoal e intrapersoal, escoita activa, dinámicas de comunicación asertiva, dinámicas de traballo en equipo, ferramentas para o traballo en rede (sinerxias)
- Fases no proceso de intervención: intervencións grupais e individuais.
- Dinámicas de interese e recursos prácticos.
Módulo 4: DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS INTEGRAIS DE Envellecemento activo e saudable
- Intervención comunitaria e proxectos interxeracionais
- Construíndo o noso propio proxecto de envellecemento activo :
- Elaboración de itinerarios e programas
- Descrición do perfil de participante
- Definición de obxectivos
- Búsqueda de recursos
- Indicadores e medición do impacto.
Modalidade: Presencial
Lugar de impartición: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil (R/ Ramón Piñeiro 17-19 - Santiago de Compostela)
Data de realización: Do 17 ao 21 de xullo.
Horario: de 16:00 a 20:00 horas
Tema: Xeral
Fonte:
Voluntariado Galego