Cursos gratuítos de Ágora Tecnoloxía: "Aplicacións móbiles para coidar a túa saúde"
Ortigueira,29/06/17 (13:27)
Mantén a túa mente e corpo activos coa axuda do teu teléfono intelixente e tableta coñecendo:
Actividades para adestrar a túa mente de forma divertida
Xogos de axilidade mental para mellorar a memoria
Aplicacións móbiles para controlar a túa actividade física e exporche novos obxectivos a superar
Coidado da túa alimentación coa axuda do teu dispositivo móbil
A sesión do día 30 de xuño emitirase en directo por Internet desde a aula CeMIT Ortigueira situada na Rúa Marquez Cortiñas, Ortigueira, A Coruña, en horario de 11:00 a 12:30h.