28 entidades de acción social compartirán experiencias de boas prácticas web en comunicación web e posicionamento na internet desenvolvidas a través de Más Social Conecta, da Fundación Barrié e a empresa Edisa.
Fundación Barrié - Vigo (Policarpo Sanz, 31)
22 de xuño
9.45 horas
No taller falarase, desde o punto de vista do Terceiro Sector Social, da creación de marca de valor asociativa, medición de resultados e posicionamento web, vídeo participativo, planificación da comunicación, comunicación interna e externa, e como achegar os servizos das entidades sociais a través da linguaxe audiovisual, entre outros temas.
As 28 entidades representan a diferentes colectivos como saúde mental, Parkinson, dano cerebral adquirido, discapacidade (física / intelectual), enfermidades raras e/ou crónicas, exclusión/ inclusión social, menores e familia, desenvolvemento comunitario, trastornos por déficit de atención con hiperactividade (TDAH) e trastornos do espectro autista.
MÁS SOCIAL CONECTA
Xorde no ano 2013, como iniciativa da Fundación Barrié, nun contexto no que moitas entidades do terceiro sector non teñen aínda páxina web ou, se a teñen, non achega a información que demandan os seus usuarios e colaboradores (socios, doantes, voluntarios?) ou non ofrece opcións para iniciar esa colaboración e mantela no tempo.
Más Social CONECTA responde as necesidades web do terceiro sector independentemente da tipoloxía, dimensión ou estrutura de cada entidade. As novas páxinas potencian a utilidade pública das entidades, melloran a súa imaxe e transparencia para a sociedade e achegan ferramentas para a captación de fondos e de base social. Implantar co apoio da empresa EDISA, quen desenvolveu a aplicación, e dá soporte á entidade durante todo o proceso.
Grazas a esta iniciativa, ata a data, 27 entidades sociais contan xa cunha web e 10 máis están en proceso de desenvolvemento.
Máis información:
http://www.fundacionbarrie.org/buenas-practicas
Rexístrate como: