Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Imaxe dos galardoados recollendo o Premio Discapnet.

Os premios Discapnet distinguen a Samsung pola accesibilidade dos seus dispositivos

Versión para impresiónSend by email
Madrid, 28/06/17 (10:34)
  • A cuarta edición dos Premios Discapnet sobre tecnoloxía accesible da Fundación ONCE destacou o labor de distintas compañías para desenvolver tecnoloxías dirixidas a persoas con discapacidade

 

O evento, que estivo presidido pola raíña Letizia, galardoou a Samsung Electronics Iberia pola integración da accesibilidade nos seus dispositivos. Neste sentido, destacou que a filial española da compañía coreana facilitou a Amóvil o acceso aos seus terminais para a súa avaliación, a inclusión da súa tecnoloxía na Casa Accesible da Fundación ONCE, o desenvolvemento de cursos sobre accesibilidade de terminais e os descontos aplicados para persoas con discapacidade.

Para conceder este premio, o xurado tamén tivo en conta que Samsung mellorou a accesibilidade dos dispositivos Android en aspectos como a síntese de voz ou o desenvolvemento dun software para que sexa compatible con audífonos.

Ademais de Samsung, nesta cuarta edición dos premios Discapnet tamén foron recoñecidos a Universidade Francisco de Vitoria polo seu xogo ‘DownTown', deseñado para axudar a persoas con discapacidade intelectual a moverse polo metro de Madrid.

Por último, tamén foi galardoada a empresa Mass Factory pola súa solución ‘App&Town Compagnon', que ofrece un sistema de transporte asistido para persoas con discapacidade, maiores, menores e outros colectivos.

Tema: Xeral
Fonte: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal