Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logos AETG - Amtega.

Convocatoria dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2017

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 28/06/17 (10:16)
  • O prazo de presentación de candidaturas para todos os premios remata o luns 17 de xullo de 2017 ás 14.00 horas
     

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) convocan unha nova edición dos Premios Galicia Telecomunicacións e Sociedade da Información 2017. Estes premios son:

  • Premio Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC 2017.
  • Premio GRADIANT á Mellor Tese Doutoral aplicada ao Sector TIC 2017.
  • Premio Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais 2017.

Os Premios entregaranse no transcurso da XXII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.

O prazo de presentación de memorias para todos os premios remata o vindeiro luns 17 de xullo ás 14:00 horas.

 

Premios COETG/AETG 2017

  • Premio Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC 2017. Patrocinado pola Fundación Ingeniero Gerardo García Campos e dotado con 6.000 euros, este premio pretende dar un impulso económico e social a aquelas empresas que están empezando a súa andaina ao concederse a un proxecto empresarial emerxente no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.

Bases do Premio GGC 2017

  • Premio GRADIANT á Mellor Tese Doutoral aplicada ao Sector TIC 2017. Patrocinado pola Fundación Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia (GRADIANT) e dotado con 1.500 euros, con este premio preténdese fomentar a realización de teses doutorais con potencial de aportar valor no mercado como vehículo de xeración de coñecemento e recoñecer a aqueles investigadores das universidades galegas que teñan completada a súa tese doutoral nun eido aplicable ao sector TIC.

Bases do Premio GRADIANT 2017
Ficha resumo da tese Premio GRADIANT 2017

  • Premio Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais 2017. En colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) este premio é de carácter honorífico e está destinado a recoñecer os mellores proxectos no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación que contribúan e aporten beneficios á sociedade.

Bases do Premio Beneficios Sociais 2017
Solicitude de participación Premio Beneficios Sociais 2017

 

Tema: Xeral
Fonte: COETG-AETG
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal