Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cartel da iniciativa.

Fegaus clausura a primeira fase dos seus ciclos formativos sobre móbiles e tablets

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 27/06/17 (13:52)
A Federación Galega de Asociacións Universitarias Seniors (Fegaus) clausurou, recentemente, a primeira fase dos seus ciclos formativos sobre manexo de móbiles e tablets. Esta iniciativa, celebrada dentro do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), levou por título "Saca o máximo partido ao teu teléfono intelixente ou tablet e goza de todo o que Internet che ofrece" e estivo destinado a persoas cun nivel de uso inicial das novas tecnoloxías.
 
A oferta foi de 200 prazas e estes seminarios, que se impartiron presencialmente desde un aula CeMIT e puidéronse seguir por videoconferencia, situáronse en Arzúa, Beariz, Boborás, Catoira, Celanova, Cuntis, Fisterra, Marín, Oroso, Sada, Santa Comba e Valga.
 
A segunda fase desta iniciativa, que terá lugar baixo o nome "Usa as novas tecnoloxías para unha madurez máis activa e positiva", celebrarase nos meses de setembro e outubro. As prazas dispoñibles para esta oferta serán, de novo, 200. Os participantes poderán asistir a un total de sete xornadas formativas. 
 
Os maiores que participaron e que participarán nestes seminarios de Fegaus están autorizados pola propia Federación Galega de Asociacións Universitarias Seniors a través de titores online. Deste xeito, ao termo de cada sesión, poden continuar aprendendo sobre móbiles e tablets e sobre o tema impartido na devandita xornada.
Tema: Xeral
Fonte: entremayores
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal