Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Tu Historia de Verdad Importa

A Fundación LQDVI presenta dez historias para honrar a vida dos senior

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 26/06/17 (08:37)
A Fundación Lo Que De verdad Importa, xunto con Fundación SM e Fundación Gondra Barandiarán, presentaron, onte, Tu Historia de verdad Importa, proxecto no que dez persoas maiores compartiron as súas vivencias e historias con novos redactores.
Durante seis meses, voluntarios da fundación acompañaron a estes veteranos no seu día a día, coa intención de coñecer o seu pasado e darlle forma nuns libros.
Con esta iniciativa, a Fundación LQDVI busca dar visibilidade toda unha xeración a través dos ollos dos máis novos. Desta maneira, os voluntarios convertéronse nos narradores e os maiores, nos protagonistas dos libros. Durante o acto, María Franco, directora da Fundación LQDVI recalcou que "o proxecto creouse para dignificar aos anciáns e devolverlles todo o que achegaron e seguen achegando á sociedade, dándolles a oportunidade de compartir a súa historia".
Tamén se avanzaron as novidades para a próxima edición, na que a dixitalización xogará un papel fundamental. Fundación Telefónica formará parte do proxecto, achegando ferramentas e maior número de voluntarios para a dixitalización dos contidos formativos que reciben os narradores durante o desenvolvemento do proxecto. Servirá para facilitar o crecemento e a expansión do proxecto a outras cidades como Bilbao.
A xornalista Teresa Vello foi a encargada de guiar a entrega dos libros, presidida pola Ministra de Sanidade, Asuntos Sociais e Igualdade Dolors Montserrat, quen explicou que "este proxecto que hoxe presenta a Fundación Lo Que De verdad Importa é unha unión entre xeracións que aman e que escoitan, que se acompañan mutuamente e aprenden unha da outra". Á ministra acompañoulle o secretario de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, Mario Garcés, e ao evento acudiron os narradores, os protagonistas dos exemplares e os seus familiares, ademais de profesionais cunha longa carreira como Pedro Piqueras ou Emilio de Villota.
Javier Palop, director Xeral de Fundación SM, destacou durante a presentación que "estes libros servirán para acabar coa fenda xeracional entre maiores e novas". Da mesma maneira, Guillermo Barandiarán, presidente de Fundación Gondra Barandiarán remarcou "o gran labor que fixeron os voluntarios durante 20 sesións, coa intención de acompañar aos anciáns e darlles o protagonismo que se merecen".

 

Tema: Xeral
Fonte: Entremayores
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal