Elixir unha cadeira de rodas, colocar unha rampla, buscar un asistente persoal ou adaptar a vivenda son só algúns dos retos aos que se enfrontan os familiares e persoas con discapacidade. Para ofrecer a estes colectivos información, opinións e solucións que permitan mellorar a súa calidade de vida, púxose en marcha en xaneiro de 2015 Discubre, un marketplace on-line que conecta a oferta e a demanda de produtos e servizos para persoas con discapacidade.
Para mellorar a plataforma, ampliar a súa comunidade de usuarios e chegar a países onde o acceso á información de artigos de apoio para a discapacidade é limitado, a start-up de orixe mallorquina busca agora unha ampliación de capital de entre 120.000 e 150.000 euros, a través dunha campaña de equity crowdfunding na Bolsa Social.
“O noso obxectivo é a transparencia e eficiencia das empresas e profesionais que ofrecen produtos ou servizos asociados á discapacidade e/ou diversidade funcional, así como o empoderamiento dos usuarios neste sector”, afirmou Xavier Mesalles Solsona, fundador e CEO de Discubre, unha empresa que na súa curta traxectoria foi distinguida xa co Premio Emprendedor XXI de La Caixa 2016 (gañador en Baleares e Accésit Social nacional) e o Premio Solidarios Once Baleares, obtido en xullo do mesmo ano.
Actualmente, a compañía conta con provedores de todas as provincias españolas –ten máis de 1.100 empresas rexistradas– e está integrada na aceleradora SHIP2B, especializada en proxectos de emprendemento con impacto social.
Entre os seus proxectos máis inmediatos atópase o lanzamento da App Discubre –o ‘wallapop' dos artigos de ortopedia e discapacidade– a través da cal os usuarios do seu marketplace poderán doar e intercambiar estes produtos dun modo gratuíto e libre.
Rexístrate como: