Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Unha persoa con fatiga visual diante dunha pantalla de computador.

Transforma o teu navegador para facer todas a web máis accesibles

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 23/06/17 (11:20)
  • Orange desenvolveu a ferramenta gratuíta Confort+ que se engade aos distintos navegadores web (Chrome, Firefox ou Explorer) e ofrece unha serie de axudas de accesibilidade que mellorarán e facilitarán a nosa experiencia na internet

Estes addon instálanse de forma moi sinxela no navegador e ofrecen opcións para cambiar a tipografía, a disposición das páxinas web, as cores ou o comportamento do rato.

Esta ferramenta está pensada tanto para persoas con discapacidade como para persoas maiores que poidan sufrir nalgún momento do día fatiga visual.

A través do menú de tipografía o usuario poderá seleccionar o tamaño do texto da web que está a visitar, o tipo de fonte, alternar maiúsculas e minúsculas, e ampliar o espazo entre palabras, entre liñas ou entre caracteres.

Tamén se pode cambiar a aparencia das páxinas web desactivando o deseño propio da páxina, aliñando todos os textos á esquerda, numerizando os esquemas para facilitar a súa comprensión ou anulando imaxes de fondo ou primeiro plano, entre outros.

No menú de cores pódese aplicar unha combinación de cores que nos facilite a navegación e a comprensión do texto, e no menú de comportamento pódense establecer axudas para a navegación por punteo, para aquelas persoas que non poidan exercer presión no clic do rato ou nunha tecla, ou por selección automática de elementos, para aqueles que só poidan pulsar unha tecla.

Sen dúbida unha ferramenta sinxela, fácil de instalar, gratuíta, e que pode axudar a moitas persoas para mellorar a súa navegación por Internet.

Tema: Xeral
Fonte: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal