A ONCE propón varios programas de voluntariado a través dos cales poderás prestar apoio ás persoas afiliadas á Organización, para a realización de determinadas tarefas que, polo feito de ter unha discapacidade visual grave, son de máis difícil execución. Estes programas van dirixidos especialmente a aquelas persoas cegas ou con discapacidade visual grave que non alcanzaron o grao de autonomía persoal necesario para realizar determinadas actividades da súa vida diaria e non contan cun apoio próximo suficiente.
No último ano, máis de 2.000 persoas beneficiáronse do Voluntariado da ONCE grazas á colaboración destes voluntarios, cun volume de 38.833 accións en total.
Ademais, a ONCE tamén puxo en marcha un proxecto dirixido a persoas con sordoceguera, do que se beneficiaron no último ano 160 persoas con esta dobre discapacidade, que arrinca cunha formación específica que garante a comunicación destas persoas cos propios voluntarios e coa súa contorna, o que constitúe todo un reto.
Programas para todas as necesidades.
O Voluntariado ONCE comprende os programas de acompañamento, acceso á información, deportivo, cultural-recreativo e de experiencia persoal.
Mediante o de acompañamento, as actividades que se realizan son apoiar á persoas nos seus diferentes desprazamentos como os servizos que xa lle presta a ONCE (rehabilitación, aprendizaxe de braille e tiflotecnología...), asistencia a consultas médicas, xestións administrativas, compras, paseos, entre outros. Esta opción é a que maior número de peticións atende, para realizar todo tipo de xestións persoais.
O programa de Acceso á Información vai dirixido a prestar apoio puntual aos afiliados con dificultades para acceder á información impresa en documentos, como enchemento de impresos, lectura de correspondencia e documentos privados, etc, e igualmente coas novas tecnoloxías.
Co Programa Deportivo, facilítase a práctica deportiva, grupal ou individual, das persoas cegas en todas as diferentes actividades e todos os niveis. Colabórase no acceso a instalacións deportivas e no desenvolvimiento no seu interior, posibilítase á persoa cega as indicacións e referencias necesarias en adestramentos e probas, e localízanse os elementos e instrumentos deportivos e aveños persoais.
No Programa Cultural-Recreativo faise máis accesible a cultura e o lecer ás persoas con cegueira e deficiencia visual, apoiando a súa participación en actividades culturais e recreativas.
Finalmente, o Programa de Experiencia Profesional divulga experiencias laborais que poidan servir de referencia aos afiliados demandantes de emprego. Os voluntarios apoian coa súa experiencia sociolaboral a aquelas persoas cegas que comezan a súa andaina profesional no mesmo posto ou sector para o que a persoa voluntaria está cualificada. Ademais de apoiar, por parte de afiliados que desenvolvesen iniciativas de creación empresarial, a outros afiliados que vaian emprender a súa andaina profesional por conta propia.
Rexístrate como: