Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo do evento.

Aberto o prazo de inscrición para o III Scratch Day organizado por o CPETIG o 27 de maio na Cidade da Cultura

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 16/05/17 (10:58)

Xa está aberto o prazo de inscrición para unha nova edición do Scratch Day, organizado polo CPETIG coa colaboración da Amtega, e dirixido a escolares de entre 7 e 15 anos que deben asistir acompañados polos seus pais ou nais.

A cita será o 27 de maio na Cidade da Cultura e as familias e formadores interesados poden inscribirse en http://scratchday.cpetig.org

O Scratch Day ten como obxectivo difundir os valores da programación informática entre os nenos, os seus pais e os seus formadores, de xeito que os participantes poden acceder de forma lúdica e divertida ao mundo da programación, tomando conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión de ideas e vehículo para o emprendemento. Asemade, o CPETIG pretende que esta iniciativa contribúa a eliminar mitos en relación á programación informática e a superar desde a infancia os estereotipos de xénero sobre este área do coñecemento, difundindo as posibilidades que ofrecen as TIC e reducindo a fenda dixital.

O CPETIG concibe esta formación no contexto da familia por considerar decisiva a implicación dos pais e as nais neste ámbito, como apoio e motivación para que os seus fillos se sintan atraídos cara á programación informática, de xeito que esta actividade non sexa unha excepción, senón o principio dun labor a seguir no fogar.

Durante a xornada do 27 de maio levarase a cabo, de xeito paralelo, unha acción formativa en Scratch destinada a persoas adultas, interesadas en adquirir métodos para impartir formación en programación para escolares.

 

Requirimentos

A sesión estará dedicada á programación de robots, sendo preciso que os asistentes estean familiarizados coa contorna de Scratch e leven o seu portátil, xa que non serven tablets ou smartphones.

A formación do Scratch Day será impartida por Código Octopus, unha plataforma de recursos en galego ao servizo do profesorado que desexe introducirse na programación para a docencia.

Tema: Xeral
Fonte: CPETIG
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal