Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Premios de Internet - Día de Internet.

"Internet Segura for Kids", do Ministerio de Enerxía, Premio Internet 2017

Versión para impresiónSend by email
Madrid, 15/05/17 (10:14)

A web "Internet segura for Kids" (wwww.is4k.es), posta en marcha polo Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, foi galardoada polos internautas co Premio do Día da internet 2017, pola súa estratexia dixital. A web promove o uso seguro e responsable na internet e as novas tecnoloxías entre os menores e a súa contorna.

Os Premios do Día da internet 2017, entregados o venres en Madrid na Fundación Telefónica, son elixidos cada ano polos internautas de fronte ao Día Mundial da internet, que se celebra o próximo 17 de maio.

Os proxectos presentados -427 nesta edición- recibiron este ano máis de 70.000 votos na vintena de apartados que integran os galardóns, distribuídos en estratexia dixital, publicidade, marca persoal e emprendemento e investigación.

Tamén foron recoñecidos a web Fundación Aladina (categoría ONG), Mahou (empresas), "Compartimos a próxima viaxe?" de Blablacar (campaña de automoción), a iniciativa "Búscanse valentes contra o acoso" de Mediaset (campaña de acción social) e a aplicación Lazzus, un asistente de mobilidade para persoas cegas ou con discapacidade visual.

O curso gratuíto online (MOOC) "Enerxía Intelixente para un futuro sustentable" da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, que ofrece unha visión do panorama enerxético, mundial alzouse co Premio Internet 2017 na categoría de emprendemento e investigación de enerxías limpas.

No apartado de marca persoal o xurado recoñeceu o uso das redes sociais da escritora Laura Norton (apartado cultura) e da blogueira española Aida Domenech, coñecida como Dulceida (moda).

Tema: Xeral
Fonte: CiberSur
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal