O proxecto ofrece unha formación especializada e novidosa, acreditada oficialmente, na que a persoa con discapacidade non vai atopar barreiras e prepárase para unha profesión en auxe, con numerosas aplicacións no mundo laboral.
Para a súa realización e desenvolvemento actuarase nunha intervención con dobre vertente, por unha banda realizaranse dous cursos formativos especializados nos que participarán 10 alumnos con discapacidade en situación de desemprego. Os cursos desenvolveranse no período comprendido de maio a xullo de 2017.
A outra vertente na que se intervirá, será na Intermediación Laboral. Para iso, FAMMA realizará un traballo co tecido empresarial para que a través da sensibilización e a intermediación, os beneficiarios do proxecto teñan máis opcións para a súa incorporación ao mercado laboral. Os alumnos deste proxecto participarán dun itinerario de inserción laboral personalizado que integrará accións de intermediación laboral e prospección empresarial, co obxectivo de poñer en relación directa ás dúas partes: empresa e traballador.
Rexístrate como: