A IAVE (International Association for Volunteer Effort) organiza os próximos 8 e 9 de maio nas instalacións de Fundación Telefónica a Conferencia Europea para o Voluntariado Corporativo 2017.
O congreso reúne a pensadores e profesionais do voluntariado corporativo e da xestión de empresas, para xerar unha reflexión e ser fonte de inspiración e coñecemento acerca das tendencias e retos do voluntariado corporativo na actualidade.
O programa do congreso conta cunha sesión, que terá lugar o 8 de maio ás 11.15h, sobre Voluntariado Corporativo na Era Dixital, na que José Bendito de Voluntarios das Nacións Unidas, Belén Perales Martin de IBM e Francisco Moro de Fundación Telefónica aportarán as súas ideas para responder á pregunta ‘Como as tecnoloxías permiten un voluntariado máis impactante?’. O moderador será Bruno Ayres de V2V.net
Durante a sesión, exploraranse as diferentes maneiras de utilizar a tecnoloxía, desde o voluntariado online ata a educación tecnolóxica para nenos en risco de exclusión, novos e creativos medios para empoderar a mulleres e nenas, e métodos para fortalecer as ONGs privadas de recursos.
Rexístrate como: