A Fundación Hazloposible ponrá en marcha este mes de maio unha novidosa metodoloxía de voluntariado corporativo: os “maratóns profesionais”. Trátase dunha xornada intensiva, na que os empregados – voluntarios dunha empresa, aplicarán as súas habilidades profesionais para axudar a unha organización sen ánimo de lucro a resolver un reto institucional.
Para elo, os voluntarios e a organización social traballarán codo con codo ao largo dunha xornada maratoniana. Ao final do día os profesionais deberán entregar o plan de acción deseñado para solucionar o reto.
Trárase dunha acción innovadora, pois é a primeira vez que se aplica esta metodoloxía en España, que foi creada pola organización francesa ProBono Lab, entidade que aposta por impulsar o talento dos profesionais e poñelo ao servizo das ONG. Desde o 2016 a Fundación Hazloposible recibíu formación e asesoría por parte de ProBono Lab (socio estratéxico) para adquirir a metodoloxía e comenzar a implementar o modelo no noso país.
EMPRESAS QUE PARTICIPARÁN EN ESPAÑA XUNTO A HAZLOPOSIBLE
Os primeros maratóns profesionais realizaranse en Madrid con Fundación Repsol, baixo o nomre “Experiencias que suman”. O 9 de maio os voluntarios Repsol asesorarán á entidade “Energía sin Fronteras”, e o 30 de maio traballarán coa Fundación ITER.
Por outro lado, o día 20 de xuño llevarase a cabo outro maratón profesional xunto á consultora internacional Accuracy. Será un evento que se desenvolverá en paralelo en Madrid e en París, baixo a organización conxunta de ProBono Lab e Hazloposible, e na que participarán empregados voluntarios de ambas cidades para resolver os retos prantexados por dúas entidades locais sen ánimo de lucro.
Os retos pódense desenvolver en diferentes temáticas, desde comunicación e marketing, ata desafíos relacionados con finanzas, recursos humanos, ou estratexia.
Este tipo de actividade resulta moi atractiva para os voluntarios, xa que poden fortalecer as súas habilidades a través dunha experiencia nova, eficiente e de alto impacto. Así mesmo xérase un alto valor social, pois se contribue a resolver unha necesidade real e relevante para unha entidade.
A Fundación Hazloposible ten unha ampla experiencia en voluntariado profesional, no que as persoas fortalecen e desenvolven as súas habilidades e competencias. Dende hai anos traballa en proxectos como Solucionesong.org e Probonos.net, nos que expertos en diversas materias responden ás necesidades prantexadas polas ONG no entorno dixital.
Rexístrate como: