Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
I Curso de negocios inclusivos online

A Fundación Codespa crea o primeiro curso de negocios inclusivos online

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 02/05/17 (11:35)

Fundación CODESPA ven de organizar o “I Curso de negocios inclusivos online”, unha formación gratuita que ten o obxectivo de dar aos profesionais as claves do desenvolvemento e deseño de negocios inclusivos, para contribuir á mellora das condicións de vida dos máis vulnerables.

"Os nuevos ODS requiren de ideas innovadoras e os negocios inclusivos poden ser o camiño para alcanzalos", sinalan desde a Fundación. 

Neste sentido, o curso está dirixido a persoas que queren contribuir na loita contra a pobreza, a través dos negocios inclusivos. Actividades económicas que incluen aos máis vulnerables na cadea de valor (consumidores, provedores, distribuidores ou empregados).

Cunha duración de dez semanas, este curso permitirá acceder aos inscritos ao contido para sempre. Deseñado e desenvolvido por profesionais, trata tremas como que poden facer as empresas ante o reto da pobreza, que son e para que serven os negocios inclusivos e como poñelos en marcha.

 

Tema: Xeral
Fonte: Compromiso RSE
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal