Celanova acolle por segundo ano consecutivo un obradoiro sobre cinema de animación de 3D dirixido a menores de entre 8 e 15 anos. A actividade enmárcase no programa ICCKids, da ICCWeek, o evento dedicado ás industrias culturais e creativas que organiza a Deputación e se celebra en Ourense.
Neste obradoiro, tal e como explica a coordinadora da parte infantil, Cristina Blanco, os alumnos poderán crear a súa propia versión animada e aprenderán as técnicas para elaborar o seu curto ou longametraxe, creando de forma sinxela figuras tridimensionales de certa complexidade. Deste xeito, os nenos descubrirán divertíndose as ferramentas que lles permitirán crear o seu propio proxecto de animación.
O curso comeza o próximo día 22 de abril e prolongarase ata o 24 de xuño, celebrándose todos os sábados, en horario de 10.00 a 13.00 horas. A actividade terá lugar na aula CEMIT de Celanova e ten carácter gratuíto. A inscrición pode realizarse mediante correo electrónico no mail 123artesdixitais@gmail.com.
Rexístrate como: