Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Espacio +60

Afundación impulsará o envellecemento activo en Vigo co seu novo Espazo +60

Versión para impresiónSend by email
Vigo, 04/04/17 (08:54)
Recentemente, Afundación abriu en Vigo o seu novo Espazo +60, que albergará todas as actividades e programas da área de Envellecemento Activo, unha das prioridades estratéxicas da entidade. 
 
O proxecto ten como obxectivo impulsar esta liña de actuación na cidade a través dunha oferta que abordará esta etapa da vida desde unha perspectiva transversal, impulsando a aprendizaxe e favorecendo a participación activa das persoas maiores na sociedade, é dicir, poñendo en valor a súa experiencia. Con este cambio, a sede de Vigo convértese nun centro multidisciplinar e interxeracional para dar cabida a todos os proxectos e actividades que desenvolve actualmente Afundación nos seus tres ámbitos: a cultura, o envellecemento activo e a educación superior. 
 
Durante a presentación deste proxecto, o presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, subliñou que "o novo modelo da sede de Vigo, cos seus espazos de interacción entre xeracións, promove o aproveitamento da sabedoría e a experiencia profesional e vital de todas as persoas que aumentamos a pirámide poboacional no seu vértice. Apostamos así por unha sociedade asentada no coñecemento a través da experiencia e na educación desde os valores".
 
Aínda que os maiores de 60 anos son os destinatarios preferentes das iniciativas do centro, a oferta estará aberta a públicos doutras idades. Así mesmo, involucrarase aos senior, segundo os seus intereses, nas actividades con mozas e escolares que leven a cabo na sede co obxectivo de crear oportunidades para que as distintas xeracións conecten. 
 
O novo Espazo +60 de Vigo dispón, entre outras cousas, de catro aulas, auditorio para conferencias, aula de cociña, zona social para reunión e lecer e dúas salas no Teatro Afundación para expresión artística.  
 
Coa súa apertura, este lugar pasa a formar parte da rede de once centros que se atopan dispersos por toda a comunidade galega e que conta con máis de 12.500 socios. Na actualidade, o de Vigo posúe 950 usuarios, unha cifra que a entidade espera duplicar nos próximos dous anos. 
 
Estes emprazamentos presentan unha ampla oferta de actuacións en materia de envellecemento activo que está estruturada en cinco programas: hábitos saudables; cultura e expresión artística; formación e coñecemento; TIC; e lecer activo. A iso súmanse tres proxectos estratéxicos de Afundación neste ámbito: O valor da experiencia; a difusión dunha imaxe social dos maiores afastada de estereotipos; e o voluntariado social e profesional. 
 
Durante o evento, Pedro Otero, xerente de Afundación, quixo concluír sinalando que "o imaxinario colectivo referido a este sector da poboación necesita ser renovado a través da difusión de modelos positivos, diversos e reais de persoas que cumpren anos con proxectos vitais, e mesmo profesionais, que reverten á sociedade o seu tempo, recursos, a súa experiencia e capacidades. Isto é especialmente importante porque os maiores non se identifican xa cos roles clásicos que se asignan ao colectivo e rexeitan ser identificados como tales".
Tema: Xeral
Fonte: Entremayores
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal