A Conferencia INSPO “Internet e sistemas de información para persoas con necesidades especiais” é a única conferencia deste tipo na República Checa e especialízase nas posibilidades de utilizar Internet e as tecnoloxías da información para axudar ás persoas con discapacidade.
A participación na Conferencia foi grazas á invitación recibida por parte da Fundación Vodafone na Republica Checa.
Lembramos que EVA FACIAL MOUSE é unha aplicación promovida e desenvolvida por CREA Sistemas Informáticos co apoio da Fundación Vodafone España. A partir do movemento do rostro permite controlar un punteiro en pantalla (a modo de rato) e proporciona o acceso directo á maior parte de elementos da interface de usuario, está orientada ás persoas con amputacións, parálise cerebral, lesión medular, distrofia muscular, esclerose múltiple, esclerose lateral amiotrófica (ELA) e outras discapacidades.
Máis información sobre esta aplicación.
Rexístrate como: