Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Presentación do curso.

Novo curso online sobre as TIC nas persoas maiores e discapacitadas

Versión para impresiónSend by email
Online, 22/03/17 (08:58)
  • A través de once módulos, a Universidade Complutense de Madrid impartirá clases para aprender de que maneira os soportes tecnolóxicos poden mellorar a vida do colectivo senior e os discapacitados

 

A Universidade Complutense de Madrid acaba de poñer en marcha un curso masivo online e gratuíto en MiriadaX: 'Discapacidade e envellecemento activo. Soportes tecnolóxicos'.
 
Miríada X pon a disposición de calquera interesado Cursos Online Masivos en Aberto (máis coñecidos como MOOC) a través dunha plataforma aberta sen restricións, sen condicións, sen horarios, sen custo e sen barreiras.
 
Nesta ocasión, a través dos seus once módulos, neste novo curso pódese aprender de que maneira as TIC melloran a vida das persoas con discapacidade e os maiores. Así, considéranse as TIC como unha engrenaxe adecuada e peza clave na actual sociedade dixital que colabora no logro da saúde das persoas.
 
O curso é unha formación nunha área interdisciplinar de humanidades e tecnoloxía, cuxa interacción enriquece a profesionais e persoas con discapacidade. Preséntanse boas practicas no uso das TIC que poden inspirar novos xacementos de emprego nos estudantes de diferentes Graos con competencias humanas e tecnolóxicas como transversais (Traballo Social, Terapia Ocupacional, Psicoloxía, e Enxeñerías de Informática, Telecomunicacións, etcétera).
 
O 20 de marzo iniciouse unha formación que se estenderá durante 12 semanas, cun total de 66 horas de estudo estimadas.
Tema: Xeral
Fonte: entremayores
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal